O diario Faro de Vigo, adicóu hoxe unha páxina enteira á presentación de Demo Editorial no Salón de Cómic de Cangas. Se estades interesados en leela pinchade aquí.(Foto:Faro de Vigo)
O diario Faro de Vigo, adicóu hoxe unha páxina enteira á presentación de Demo Editorial no Salón de Cómic de Cangas. Se estades interesados en leela pinchade aquí.

Esta tarde as 19:30 presentamos O Fillo da Furia en Alita Cómics (Rda de Nelle, A Coruña).
Reproducimos a crítica do album Sen Mirar Atrás feita polo xornalista Ruben Santamarta no suplemento Culturas de La Voz de Galicia e que foi publicada na edición do pasado 4 de setembro. Tan só matizar que a edición en galego non custa 12 euros como indica a nota da reseña senón 13,50 e que conta de 96 páxinas contando cós contidos extras.
Reproducimos a entrevista realizada aos autores de O Fillo da Furia en Radiodifusión pouco antes da presentación do album en FNAC, onte, 9 de setembro. Esperemos que disfrutedes achegándovos un pouco máis á figura de Mamed Casanova, o bandoleiro en torno ao que xurdiu esta historia que se alimenta dun pasado cercano gracias a esta completa entrevista realizada por Eva Ocampo no programa Viraventos.
Hoxe xoves, ás 19.30 horas, presentaremos O Fillo da Furia en FNAC. O acto contará cós autores, Manolo Poy e Miguel Fernández e o editor Manel Cráneo.