miércoles, 16 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS

Demo Editorial deséxavos bo nadal e un excelente 2010 no que se cumpran os vosos mellores desexos e ilusións e sobre todo que leades moito, especialmente cómics.

domingo, 23 de agosto de 2009

PREGÓN DE MANEL CRÁNEO NO FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

Neste link podedes ler unha crítica da Voz de Galicia e parte do pregón que Manel Cráneo pronunciou onte durante o XXX Festival Irmandiño de Moeche ante unha multitude de case seis mil asistentes. Unha auténtica revolta. Desde a editorial e en nome do autor queremos darlle as grazas á organización do festival polo convite.

sábado, 22 de agosto de 2009

MANEL CRÁNEO PREGOEIRO NO XXX FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

Manel Cráneo, autor de Os Lobos de Moeche, será o encargado de dar o pregón esta noite durante o "XXX Festival Irmandiño de Moeche". Ademáis se poderá visitar unha exposición con páxinas do cómic no interior do castelo e haberá varias sesións de firmas do album ao longo da tarde e noite.
Más info en:
http://www.festivalirmandino.galeon.com/XXX_Festival.html

miércoles, 22 de julio de 2009

SINATURA DE EXEMPLARES NA FEIRA MEDIEVAL DE CORUÑA

Despois do éxito da sesión de sinaturas na feira Franca de Betanzos, Manel Cráneo, asinará novamente mañá xóves 23 de xullo na feira Medieval de Coruña. Ás 20:00 h na Avda de Los Ángeles na cidade vella.

lunes, 13 de julio de 2009

OS IRMANDIÑOS DE SANTY


Santy Gutiérrez adicou unha das súas viñetas de actualidade en La Opinión a Os Lobos de Moeche o pasado domingo día 12 de xullo, dentro da súa sección A Cosa Nostra. Grazas Santy.

jueves, 21 de mayo de 2009

PRESENTACIÓN SALÓN CÓMIC BARCELONA

Manel Cráneo presentará o album Os Lobos de Moeche o vindeiro sábado 30 de maio (na Sala de Actos del Palacio nº8, feria de Barcelona (11:30 da mañá).
Ese mesmo día o autor asinará exemplares en dúas sesións, de 12:00 a 14:00 e de 20:00 ata o peche no stand de venta de Galicia onde se poderá mercar o album. Non faltedes.

miércoles, 6 de mayo de 2009

VENTA ON LINE

Seguimos facendo avances. Chegamos a un acordo con Central Librera, se non vos quedan cerca os nosos puntos de venta xa podedes mercar on line o noso cómic desde calqueira punto de Europa.

viernes, 1 de mayo de 2009

NOVOS PUNTOS DE VENTA

Seguimos ampliando a nosa rede de distribución con novas librarías en Santiago e tamén chegamos a Carballo.
Podedes consultar o listado pinchando no apartado PUNTOS DE VENTA.

jueves, 30 de abril de 2009

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO, xóves 30 abril


DEMO EDITORIAL NO SALÓ DE BARCELONA 2009

Demo Editorial participará o vindeiro mes no stand de edición galega durante o Saló del Cómic de Barcelona, onde se poderá adquirir o noso primeiro album Os Lobos de Moeche.

jueves, 23 de abril de 2009

PROXIMAMENTE: VENTA ON LINE

Os Lobos de Moeche van vento en popa e seguimos facendo avances. En breve poderedes mercar o album por internet desde calquera punto da península. Informaremos deste asunto en breve.