miércoles, 26 de enero de 2011

EXPOSICIÓN OS LOBOS DE MOECHE

Demo Editorial en colaboración coa Libraría Endo (Rúa entrepeñas, 41-baixo, A Coruña), organizan unha exposición con reproduccións de pranchas da banda deseñada de Manel Cráneo, "Os Lobos de Moeche".Esta obra de aventuras, ambientada na segunda revolta irmandiña, xa acadou notable éxito desde a súa saída en 2009. Agora reaparece novamente en formato exposición.Ademáis dunha selección de pranchas reproducidas tamén se exhibirá algún orixinal. As pezas estarán á venta. A mostra permanecerá na libraría do 28 de xaneiro ao 28 de febreiro.
Durante o acto de ianuguración, que terá lugar este venres ás 20:30, proxectaránse varias pezas audiovisuais en torno a obra e o autor e quen queira poderá mercar o album e levalo asinado.

miércoles, 19 de enero de 2011

O FILLO DA FURIA NA BIBLIOTECA DE ORTIGUEIRA

Publicamos un par de fotos da charla que tivo lugar nas fantásticas instalacíóns da Biblioteca de Ortigueira o pasado mes de decembro. A charla xirou en torno ao cómic O Fillo da Furia de Manolo Poy e Miguel fernández e contou coa presenza tamén do editor Manel Cráneo.
Parte da exposición dos autores centrouse na figura do protagonista da obra, Mamed Casanova, personaxe autóctono da zona, concretamente de Grañas de Sor ben coñecido polos veciños do Ortegal. O acto tivo unha interesante afluencia de público e especialmente de mozos e mozos do clube de lectura do centro de ensino de Ortigueira que xa tiñan leido a obra.

Ao termino da charla, os autores Miguel Fernández e Manolo Poy, fixeron unha sesión de sinaturas á que se sumou Manel Cráneo, asinando exemplares dos Lobos de Moeche. Outra obra que segue a dar boas novas.

jueves, 13 de enero de 2011

OS LOBOS DE MOECHE EN GONDOMAR




O pasado mes de novembro Manel Cráneo encontrouse cós lectores Clube de Lecturas Debuxadas de Gondomar, un dos clubes de lectura con máis sona de Galicia, para falar arredor da súa obra Os Lobos de Moeche. Unha experiencia moi gratificante por ambas partes na que a tertulia se prolongou por máis de dúas horas. Estas son algunhas das fotos que nos fixeron chegar os amigos do espazo lectura.

martes, 28 de diciembre de 2010

SEN MIRAR ATRÁS EN A NOSA TERRA

O xornal A NOSA TERRA fai unha extensa e reflexionada crítica sobre o album SEN MIRAR ATRÁS. Podese ler aquí.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

SESIÓN DE SINATURAS DE DANI MONTERO EN ALITA CÓMICS

Mañán, día 23, Demo Editorial en colaboración con Alita Cómics, queremos celebrar as festas con todos os nosos lectores convidando a un cava a eso das 19:00 na libraría situada na Rúa do Orzán, 110.
Con esta actividade pechamos o tour de presentacións de SEN MIRAR ATRÁS de Dani Montero con un resultado moi satisfactorio, para o que contaremos coa presenza do autor que asinará exemplares da súa obra.
Non perdades a oportunidade de levarvos un exemplar customizado e mentras tanto desfrutade deste debuxo que Dani fixo para a ocasión.

domingo, 19 de diciembre de 2010

MAMED CASANOVA NA PRENSA

Hoxe o xornal LA OPINIÓN, publica un excelente e documentado reportaxe sobre Mamed Casanova onde os lectores poden achegarse unha vez máis á figura que protagoniza o noso título referenciado O FILLO DA FURIA, dos autores Manolo López Poy e Miguel Fernández.

O FILLO DA FURIA EN LUGO


Os amigos da libraría Totem, en Lugo, acolleron o pasado venres a presentación de O Fillo da Furia. O album que sae novamente reseñado hoxe na prensa, segue acadando enorme éxito.
Ao longo da tarde multitude de público foi pasando pola libraría para levarse o seu exemplar customizado polos seus autores Manolo e Miguel. Ao remate da tarde esgotáronse as existencias na tenda.

Pero esta non é a derradeira cita, aínda queda outra para rematar o tour de presentacións, que terá lugar este vindeiro martes ás 12:30 da mañán na Biblioteca Pública de Ortigueira, terra na que está ambientada a obra e por onde Mamed Casanova deixou o seu rastro histórico. Será a derradeira oportunidade de achegarse aos autores.

martes, 14 de diciembre de 2010

VENRES 17 DE DECEMBRO: ACCIÓN SIMULTANEA EN LUGO E CANGAS

Un dos grandes inventos da banda deseñada e o cinema son as esceas de acción simultánea. Neste caso aplicamos desde DEMO a teoría na propia realidade xa que o vindeiro venres 17 de decembro volveremos a facer doblete.
Por unha banda Dani Montero asinará exemplares de SEN MIRAR ATRÁS na libraría A ESMORGA de Cangas e simultáneamente en Lugo, Miguel Fernández e Manolo Poy, presentarán O FILLO DA FURIA na libraría TOTEM, un local de referencia para os lectores de cómic lucenses.
Odous actos terán lugar ás 19:00 horas.

lunes, 13 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN DEMO EDITORIAL EN FERROL


O pasado sábado a vila ferrolana acolleu unha presentación conxunta dos autores de Demo Editorial Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo. Despois de recibir a multitude de asistentes atraídos polos seus traballos, os artistas falaron distendidamente dos procesos creativos das súas obras. Ao término da actividade, que durou máis do previsto, debido ao interese do público, moitos dos presentes aproveitaron para levarse exemplares asinados polos autores, non sen antes disfrutar da proxección dos trailers promocionais das obras.
Na primeira foto podemos ver aos autores durante o acto e na segunda a recta final da sesión de sinaturas onde os últimos rezagados esperaban o seu turno para non marchar sen o seu exemplar firmado.

viernes, 10 de diciembre de 2010

CHARLA CÓS AUTORES DE DEMO EDITORIAL EN FERROL

Mañán sábado 10 de decembro, Demo editorial organiza unha charla sobre as obras Sen Mirar Atrás, O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche.
Serán os propios autores Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo os que nos desvelen algunhas pautas sobre cada obra.
Ao final da charla haberá un espazo para a sesión de sinaturas.
É a primeira vez que a editorial Demo se achega a facer un evento na cidade ferrolana.

martes, 7 de diciembre de 2010

MIGUEL FERNÁNDEZ E MANOLO POY FIRMANDO EN VIGO




Estas son algunhas das fotos da presentación de O FILLO DA FURIA na librería Banda Deseñada de Vigo. Unha vez máis unha xornada amena onde os lectores puideron achegarse aos autores e levarse os seus exemplares customizados pola arte de Miguel Fernández.

jueves, 2 de diciembre de 2010

FOTOS PRESENTACIÓNS DANI MONTERO


Publicamos algunhas fotos das presentacións de SEN MIRAR ATRÁS nas librarías Kómic de Santiago e Banda Deseñada de Vigo. Nas dúas de arriba podemos ver de esquerda a derita a Pio(Lib.Kómic), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Dani Montero (autor da obra).

A libraría Banda Deseñada de Vigo tamén acolleu a Montero o pasado mes de novembro. Nas fotos de abaixo podemos ver a Dani facendo gala do seu seu arte diante dos lectores que se foron achegando ao longo da tarde.

Con isto imos chegando xa ao final deste tour de presentacións 2010 do que aínda restan tres novas datas pendentes en Ferrol, Cangas e A Coruña.