Anunciamos as datas de presentación de "A Torre dos Mouros": VENRES, 30 DE NOVEMBRO:Carnota. Salón de Actos do Concello ás 19:30 horas. Presentación dos resultados da Campaña 2012 e da BD de Manel Cráneo. XOVES, 13 DE DECEMBRO. Santiago de Compostela. Biblioteca Ánxel Casal ás 18:30 horas. Presentación da BD de Manel Cráneo. VENRES, 14 DE DECEMBRO. A Coruña. Pub Dublín ás 20 horas. Barferencia sobre a Torre dos Mouros con presentación da BD e exposición de orixinais do cómic. Os actos contarán coa presenza de Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo e Manel Cráneo, autor e editor. Esperámosvos!
Estaremos na Barferencia! Interesante modo de mostrar unha,seguro, excelente BD!
ResponderEliminar